martes, 3 de junio de 2014

NATUREZA MORTA CON TULIPÁNS, PICASSO

TIÑAMOS PENDENTE AMOSARVOS O PROCESO DE ELABORACIÓN DA NOSA OBRA DE ARTE, DA NOSA APORTACIÓN AO MUSEO QUE TEMOS NO CORREDOR.
COMO XA VOS CONTAMOS AQUÍ, CADA AULA ESCOLLEU UNHA FLOR E A PARTIR DE AÍ TRABALLAMOS UNHA OBRA DE ARTE QUE TIVERA ESA FLOR COMO PROTAGONISTA.
NÓS TRABALLAMOS OS TULIPÁNS E A OBRA DE PABLO PICASSO NATUREZA MORTA CON TULIPÁNS.
PREPARAMOS O CADRO CON MOITAS GANAS...

COMEZAMOS CON CACHIÑOS DE PAPEL DE XORNAL
E POUCO A POUCO FOMOS DÁNDOLLE COR AO CADRO:
PAPELIÑOS VERMELLOS, MARRÓNS E MORADOS...
PAPELIÑOS AZUIS...
UNS TOQUES DE AMARELO...
PAPELIÑOS NEGROS...


 E ESTE É O RESULTADO:
QUE VOS PARECE?
PODEDES VISITAR O NOSO MUSEO, NO CORREDOR DA ESCOLA.
TEMOS UN LIBRO DE VISITAS ONDE PODEDES EXPRESAR AS VOSAS IMPRESIÓNS!

6 comentarios:

  1. Papis de Iván CF3 de junio de 2014, 20:32

    Sen dúbida o resultado é sorprendente.
    Bo traballo en equipo!
    Cando tentamos algo parecido na casa non sae así de ben... seguiremos intentando!! ;-D

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. É QUE NA CASA NON TEDES ESTE SÚPER EQUIPO!
      PERO DE SEGURO QUE SE O INTENTADES, CONSEGUIRÉDELO! ISO SI, ACONSELLAMOS TER MOITA PACIENCIA!
      GRAZAS POR COMENTAR

      Eliminar
  2. Sin lugar a dubidas sodes uns artistazas!!

    ResponderEliminar
  3. Que marabilla!!! É incrible o que son capaces de facer estes nenos!! Moitas felicidades a tod@s

    ResponderEliminar
  4. Pero que cousas tan bonitas facedes, se non o vexo non o creo.

    ResponderEliminar
  5. Quedó muy bonito ,enhorabuena chicos.

    ResponderEliminar