COMO TEMOS A SORTE DE TER INFORMACIÓN DE PRIMEIRA MAN, INVITAMOS A LUCÍA Á NOSA AULA.
PRIMEIRO CONTOU UN CONTO EN ALEMÁN
ADIVIÑADES QUE CONTO É?
FIXEMOS PREGUNTAS A LUCÍA SOBRE ALEMAÑA, FALOUNOS DALGUNHAS CIDADES, COMO HAMBURGO, PRONUNCIOU NOMES E PALABRAS (QUE DIFÍCIL...), CONTOUNOS QUE O RÍO RHIN É MOI IMPORTANTE...
PERO, QUE É O QUE LUCÍA MÁIS BOTA DE MENOS?
POR SUPOSTO, AOS AMIGOS E Á FAMILIA. ADEMAIS... A COMIDA!
ENCÁNTANLLE OS FRIKADELLEN E AS SALCHICHAS BRANCAS, A IVÁN TAMÉN!
E CHEGOU O MOMENTO DE FALAR DE DOCES... DICKMANN`S
LUCÍA INVITOUNOS A PROBAR ESTES DOCES TÍPICOS ALEMÁNS.
SON BOLAS DE CHOCOLATE RECHEAS DE MERENGUE E UN BARQUILLO DE BASE.
HAI QUE TER COIDADO: QUE NINGUÉN VEÑA POR DETRÁS E ESPACHURRE UN DICKMANN'S NO TEU NARIZ!
QUE CURIOSIDADE...
MOITÍSIMAS GRACIAS LUCÍA POR AXUDARNOS A COÑECER MELLOR O TEU PAÍS!
No hay comentarios:
Publicar un comentario