jueves, 7 de noviembre de 2013

A FAMILIA C... DE MARTINA

RECIBIMOS A VISITA DE TRES MEMBROS DA FAMILIA DE MARTINA.
ROCÍO, A SÚA NAI.
ISABEL, A SÚA AVOA.
MATEO, O SEU IRMÁN.
PREPARARON UN VÍDEO NO QUE MARTINA RELATABA AS SÚAS RUTINAS DIARIAS. 
TODOS E TODAS PENSAMOS O MESMO: ESTAMOS ANTE UNHA FUTURA ACTRIZ/REPORTEIRA.
MARTINA ENTREGOU OS DIPLOMAS, QUE ROCÍO E ISABEL RECIBIRON ILUSIONADAS.

PERO AÍNDA QUEDABA UNHA SORPRESA!
MARTINA E A SÚA FAMILIA TROUXERON Á FAMILIA DE CESPÍNS QUE REPRESENTAN Á SÚA FAMILIA.

MARTINA É UNHA EXPERTA NOS COIDADOS DESTA FAMILIA.
AGORA ESTAMOS ESPERANDO A QUE LLE CREZA MÁIS O "PELO" PARA QUE MARTINA NOS EXPLIQUE COMO FACER.
SEGUIREMOS INFORMANDO!
GRAZAS MARTINA, ROCÍO, ISABEL E MATEO POR COMPARTIR CON NÓS A VOSA MARABILLOSA FAMILIA!

12 comentarios:

  1. É divertido ir a visitarvos. Gústame ver os nenos e nenas tan organizados e educados.
    Martina estaba encantada de que fósemos. E Mateo ó principio non quería entrar e ó final xa quería quedar alí cos amigos de Martina. Gracias polo recibimento!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. ENCANTADOS E ENCANTADAS DE QUE NOS VISITEDES!
      DENTRO DE POUCO XA TEMOS A MATEO POLO COLE!

      Eliminar
  2. É seguro será unha reporteira de moito éxito!, vese unha nena con moita facilidad e disposición. Encántanos a familia dos cespíns, ahora quédanvos dous retos por diante, un coidala e outro cortarlle o pelo, esperamos resultados.
    Bicos

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. SI, SI... MARTINA SUPER REPORTEIRA!
      TEMOS UNHA GRANDE RESPONSABILIDADE COIDANDO AOS CESPÍNS, MENOS MAL QUE MARTINA É EXPERTA E PODE DARNOS INDICACIÓNS.

      Eliminar
  3. Martina non lle ten nada que envidiar a calquera presentadora do telediario!!! A Mateo gustoulle moito a súa actuación e a nós, a pesar de non estar alí, tamén.E os "cespíns" son unha chulada!! Gracias a todos e ,por suposto, á familia de Martina. Bikiños.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. AÍNDA QUE VÓS NON ESTÁBADES ALÍ SEGURO QUE MATEO VOS EXPLICOU CON TODO DETALLE COMO SAIU TODO.
      OS CESPÍNS SON CHULÍSIMOS E ESTAMOS ENCANTADOS COIDÁNDOOS.

      Eliminar
  4. Que boa a presentacion de Martina!!
    Noraboa familia
    Nos tamen temos unha especie de " cespins" na casa.son mais pequenos e temos 2 un de Nerea e outro de Marcos e encantanos cortarlles o pelo e facerlles chichos
    Coidadeos moito!!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Xa nos empeza a picar o gusanillo dos " cespins". onde se atopan? A Mateo encantaríalle ter un e a nos tamén.Bicos mil.

      Eliminar
    2. CHICHOS? CESPÍNS CON COLETAS? TEREMOS QUE ESPERAR A QUE LLE CREZCA O PELO.

      Eliminar
    3. MONTSE, OS CESPÍNS SON FEITOS NA CASA, CON BOTELLAS DE PLÁSTICO, TERRA E SEMENTES DE CÉSPEDE. ÁNIMO!

      Eliminar
  5. O amior problema que lle vexo eu agora ós cespíns é buscar "peluquer@". Espero que non haxa moitos líos, porque Martina xa está dicindo que pronto lle teñen que cortar o pelo...
    Mary, os vosos cespíns son máis presumidos cos nosos, que levan chicos e todo!!!!!
    Montse, se queres asesoramento para facer un cespín pregúntalle a Martina que te asesora rápidamente!!
    Saúdos ;)

    ResponderEliminar
  6. Si,Rocio o de Nerea e super presumido e ten dous chichos monisimos,xa o veredes no libro da familia Barcala,o de Marcos aibda lke esta empezando a crecer o pelo

    ResponderEliminar